Fieime do que me tiña que fiar, ou mellor dito, non me fiei do que non me tiña que fiar. Teño aprendida esa lección de que non todo o que contan os xornais é certo. O mellor é que acertei de cheo.A JamSession foi finalmente no JazzFilloa a cargo dos CALIXTO OVIEDO'S BAND, os cales encheron o pequeno local e deixaron fóra a un bó número de xente que se achegou á Rua Cega no primeiro xoves de temporal do ano.
Debido ás pequenas dimensións do local fumos descubrindo segundo fluían os temas, que estaban a tocar máis músicos dos que acertabamos a ver dende o fondo do local, ate un total de 8. Momento culminante cando se sairon con algún tema de jazz-brasileiro cantado pola fermosa voz de Lily Hernandez. O grupo o completaban Calixto Oviedo á batería e timbales, Miguel Cabana á percusión, Marcelino Galán á guitarra, Hansel Luis Díez á trompeta, Pablo Cedeño ó baixo, Sergio Delgado ó piano e Roman Filiu como artista invitado ó saxo.
A JamSession tivo dous pases, o primeiro comezou ás 22.30 e o segundo ás 23.30.
Este xoves hai de novo JamSession no Filloa a cargo de ABUÑA JAZZ. Verémonos alí.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada