Este xoves ás 21.30 toca Emir Kusturica coa No Smoking Orchestra no Coliseum. Para os rezagados aínda quedan entradas (as do foso están esgotadas e na grada quedan moi poucas) en servinova. Ós que dubidades se ir ou non ir, eu vos digo...IDE.
Por outra banda, parece ser que Kusturica tamén trae outra sorpresa baixo o brazo, xa que este mes de marzo presentará xa o seu novo filme, que se basa na vida do polémico Diego Armando Maradona. O propio Maradona contactou personalmente co cineasta serbio no 2005 para que rodase o filme que representase a súa polémica vida. O filme está rodado en Bos Aires, Serbia, Nápoles e Cuba. Contará tamén coa colaboración de Manu Chao, que adica un tema da banda sonora ó arxentino (sonará a Mano Negra co Santa Maradona do albúm Casa Babylon¿?)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada