viernes 11 de enero de 2008

EXTRA, EXTRA: Un músico coruñés, nova voz de Berrogüeto.

Sorpresa a que me acabo de levar esta mañá cando abro a edición dixital de LaVoz e me atopo con esto. Só cabe felicitar á nova voz do grupo, un tal XabierDíaz, curtido en quilómetros de recollidas ó ancho e largo de Galicia, curtido como mestre e director de escola de música, curtido en concertos con Rumbadeira coa Nova Galega de Danza e coa súa última aventura en solitario, deixando a parte colaboracións cos propios Berrogüetto, Luar na Lubre, Amancio Prada, Marful ou Os Cempés e traballador da música desde que tivo conciencia. Todo é pouco para este coruñés de adopción nado no Fene de Astano.

Esperamos con impaciencia o teu estreno na cidade.