miércoles 23 de enero de 2008

RECOMENDAMOS CINE: Grizzly Man

Xoves, 20.30; venres, 20.30 e 23.00; sábado, 17.30 e 20.30 h no Fórum Metropolitano do Parque Europa. O filme dirixido por Werner Herzog foi un dos favoritos do Festival de Sundance do 2005. Está baseada nunha historia real na que se describe a historia dun camareiro, actor ocasional e ex-alcohólico chamado Timothy Treadwell, que pasou catorce veráns da súa vida convivindo con osos grizzly. Timothy presumía de poder vivir entre os osos grizzly da salvaxe Alaska. As súas estancias en Alaska e a súa obsesiva relación cos plantígrados foron recollidas por el mesmo e a sua cámara de vídeo ó longo de máis de cen horas de grabacións caseiras. O propio Herzog utiliza incluso parte do material grabado polo propio Treadwell. O derradeiro verán, un dos osos atacou a Thimothy e á sua moza Annie...