martes 20 de mayo de 2008

EMITINDO: A realidade musical da nosa cidade


Sen palabras...sen comentarios...levo anos pensado que a oferta musical ofertada polo concello ten moi pouca calidade...i estas verbas saídas das bocas dos nosos políticos non fan máis que decepcionarme aínda máis...O QUE HAI QUE OIR.
Aquí vos deixo as palabras dos dous expertos musicais, os encargados de elexiren os concertos que todos pagamos...
Extraído da edición dixital de La Voz de Galicia

Dylan no actuará en A Coruña porque «toca de espaldas»

Henrique Tello afirmó ayer que un concierto de este artista es «horroroso»
El Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE) rechazó la contratación de Bob Dylan para este año porque en este momento no tiene tirón suficiente y no ofrece espectáculo, según manifestó ayer el concejal de Fiestas de A Coruña, Carlos González-Garcés. El edil nacionalista Henrique Tello también apoyó esta decisión asegurando que «vén tocar e faino de espaldas. Chega, non saúda e non toca ningunha canción coñecida». A lo que Garcés contestó: «Claro, por iso o IMCE decidiu non traelo». En referencia al concierto que dará el artista norteamericano en Vigo, Carlos González-Garcés aseguró: «Supoño que nesta cidade do sur de Galicia terá repercusión».

En fin...Comentarios???




4 comentarios:

lau dijo...

Eu tamén quedei sorprendida coa declaración. Foi coma cando dixo que Easyjet era mellor que marchase polos malos horarios e porque só afectaba ós viaxeiros de última hora, dicir iso cando a xente nova estaba encantada con poder viaxar barato. Casi que non trouxen eu colegas con ese vó. Moita pero que moita ignorancia.
E dicir iso de Dylan... fun a dous concertos del e é certo que vai ó seu aire pero as súas cancións superan todo iso. Porque non podemos ter acá a Arcade Fire, Sigur Rós... e nos temos que conformar con Melendi e mil merdas máis? Por favor que poñan xente nova e entendida en música para traballar na programación de concertos

nenu dijo...

En fin, non sei que pensar...como ben dis, disfrutaremos dos concertos de Melendi e cia. de costas ó escenario, de parola cos compañeiros

Pandereteiro Frustrado dijo...

Que decepción esas declaracións...
Os directores de orquestra tamén interpretan de costas o público... na ópera incluso están nun foso e case non se ven... Seguindo os criterios do Señor Tello... Paren a temporada de música clásica e o Festival Mozart!!!!

nenu dijo...

e seguimos a esperar polo nome do "artista de talla internacional" que nos levan vendendo todo o ano...aposto por "Chayan" ou "Chakira", que se veñen de fora son internacionais, non si???