miércoles 10 de diciembre de 2008

Traslado


A partires de agora re-emitindo dende
www.emitindo.es
Todavía estamos en obras, pero espero que o cambio mereza a pena.
Lembrade
www.emitindo.es !

martes 21 de octubre de 2008

EMITINDO: Cine e Ciencia, da man







A asociación de "Amigos de la Casa de las Ciencias" organiza esta primeira edición do ciclo Ciencia e Cinema dende o 22 ó 25 deste mes. As proxeccións realizaránse na sala Leonardo da Vinci da Domus. Este ciclo ten a doce filmes na sección oficial que compiten, ademáis de contar cun premio para o mellor documental galego. Compre destacar o preestreno do filme Nosotros alimentamos al mundo do mércores 23 e a sesión golfa do xoves 24. Desfrutádeo. Eu darei boa conta deste novo festival.

  • Mércores 22
(de 10.00 a 14.00h) Premio ó mellor documental galego
As catedrais do silencio (16min), Os mares doces de Galicia (32min), 2050 How soon is now? (53min), O salario do silencio (48min), Unha lousa sobre O Courel (59min), Os señores do vento (11min)

(de 16.00 a 19.00h) Sección Oficial
The Linguists (65 min), Cosmonaut Polyakov (110 min

20.30h Preestreno de Nosotros alimentamos al mundo (Pase gratuito no Teatro Rosalía de Castro)
  • Xoves 23
(de 10.00 a 14.00h) Sección Oficial
Les raisons d´un sourire (8min), Brilliant noise (6min), Magnetic movie (5min), El ojo de La Tierra (24min), Alterados por PI (29min), The fabulous story of poop (52min), Dimensions [1º Episodio] (13 min), Terra incógnita (83 min)

(de16.00 a 19.00h) Sección Oficial
Crude
(90 min), Terra incógnita (83min)

20.00 na Domus: Conferencia de Fernando Jáuregui sobre contaminación lumínica

20.30 no Centro Galego das Artes da Imaxe. The wild blue yonder (Werner Herzog, 2005)

22.30 No castelo de Santo Antón, Sesión Golfa. Gravacións do Apollo XI e filmes de ciencia-ficción en Súper 8, con sonorización ao vivo.

  • Venres 24
(de 10.00 a 14.00h) Sección Oficial
Proyecto G (50 min), Wolframio (8min), The linguists (65 min), Cosmonaut Polyakov (110 min)

(de16.00 a 19.00h) Sección Oficial
El ojo de La Tierra (24 min), Magnetic movie (5 min), Les raisons d´un sourire (8 min.), Crude (90 min), Wolframio (todos os episodios, uns 45 min)

19.30 na Domus. Lectura do Palmarés do Certame e tertulia/coloquio cos membros do xurado

23.00 no CGAI The wild blue yonder (Werner Herzog, 2005)

  • Sábado 25
Na Domus

10.00 , proxección dos documentais gañadores

16.00 Proxección de Encuentros en el fín del mundo (Werner Herzog, 2007)

No Fórum Metropolitano

22.30 Concerto de Andy Chango

lunes 6 de octubre de 2008

EMITINDO: Master Class de Kepa Junkera

O vindeiro dia 14 de octubre, o acordeonista vasco Kepa Junkera impartirá unha masterclass na FNAC, non se sabe nin a que hora nin nada. O caso e que o vasco está presentando o seu novo traballo, ETXEA, que conta con 54 colaboradores procedentes de todas as partes de españa cantando en vasco, dende os galegos Uxía e Xabier Díaz, ata Andrés Calamaro e Miguel Bosé, pasando por Victor Manuel e Ana Belén, Lluis Llach, Jaime Urrutia, Loquillo e un longo etcétera...En canto saiba a hora..saberédelo vós.
Un saúdo, grazas Txemi!

viernes 26 de septiembre de 2008

EMITINDO: Sábado a golpe de Rythm & Blues

Os escoceses The Five Aces están este sábado no Playa Club ás 00.00h para facernos bailar cun Rithm & Blues dos 50 adaptado ó noso século. As entradas custan doce euros, quince en taquilla.

martes 23 de septiembre de 2008

EMITINDO: programación forte no Colón

A Fundación Caixa Galicia ven de anunciar os recitais que ocuparán o Teatro Colón nas vindeiras semanas.
Os concertos programados dan un novo pulo ó reformado Colón con aires novos.Poderemos disfrutar do ex-piratas Iván Ferreiro, que presentará o seu novo disco na cidade, dos folkies Alasdair Fraser e Natalie Hass, e do fadista Camané. Ademáis, ofrecennos a posibilidade de conxugar Jazz e Maxia en "Jazzia", a cargo do pianista Abe Rábade e o ilusionista Kiko Pastur. Bonita combinación.

As citas no Colón:

-"Jazzia" con Abe Rábade e Kiko Pastur.
4 de outubro

-Camané
10 de Outubro

-Iván Ferreiro
17 de Outubro

-Alasdair Fraser e Natalie Hass
24 de outubro

miércoles 10 de septiembre de 2008

EMITINDO: Chick Corea e John McLaughlin

Comentase nos mentideiros da cidade que a Fundación Barrié traerá para o Ciclo de Jazz de inverno ó inconmensurable Chick Corea, que está en xira mundial co seu colega John McLaughlin. Boa e mala nova, explícome...
Boa: outra vez a fundación pórtase e danos a oportunidade de disfrutar dos mellores músicos do mundo.
Mala: outra vez (e van...) formaránse colas quilométricas ás portas da fundación doce horas antes de regalar as entradas...de novo haberá (re)venta, de novo haberá xente que, como é gratis, irá ó concerto e se levantará da súa butaca á segunda canción porque "que música rara fai este tio" ou un longo etc.
Que cobren entrada, ainda que sexan 2 euros, por favor!!!

EMITINDO: Fin de semana completo

Achégase a data do estreo de Tradicción, o novo espectáculo que a Nova Galega de Danza presentará en doble sesión (venres e sábado) no Teatro Rosalía.
Merca as entradas aquí
Ademáis, temos concertazo de jazz na prazoleta das Bárbaras da cidade vella, este venres ás 21h a cargo do cuarteto de Pepe Evangelista.